2024 > PROGRAMACIÓN:
17 x u l l o F O Z ( L u g o )
1 8 x u l l o O U T E S ( A C o r u ñ a )
1 9 x u l l o A M E S ( A C o r u ñ a )
2 0 x u l l o M A R Í N ( P o n t e v e d r a )
2 1 x u l l o A L L A R I Z ( O u r e n s e )
> OUTRAS ACTIVIDADES
1 6 x u l l o B U G A L L I D O ( A m e s , A C o r u ñ a )
A p o i o B i e n a l
R e s i d e n c i a s A r t í s t i c a s
W o r k s h o p c o n M i ñ o , M i l a n H e r i c h ( i n s c r i c i ó n )
C o n v i t e - P ro f e s i o n a i s d a d a n z a
> CANLE ABANEA
ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN I: OBRADOIROS PARA Á COMUNIDADE
OBRADOIRO: DANZA EN FAMILIA
Dirixe: Alejandra Balboa
Hora: 18:00 h
Lugar: Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: cultura@concellodefoz.es / Tfno: 982140027 - Ext.:3
Destinatarias: rapazada acompañada dunha persoa adulta
Esta sesión de danza en familia ten o desexo de que nais, pais, fillas, fillos, disfruten dunha sesión de danza xunt@s mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa!
A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación propicios para fortalecer o vínculo afectivo entre os membros da familia, nun contexto lúdico e creativo onde descubrirnos e compartirnos en comunidade a traves do xogo e traballo con obxetos.
OBRADOIRO: A DANZA COMO LUGAR DE RECREO
Con Yeinner Chicas
Hora: 18:00 h
Lugar: Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: cultura@concellodefoz.es / Tfno: 982140027 - Ext.: 3
Destinatarias: mozos/as desde os 16 anos e persoas adultas.
A danza como lugar de recreo propón explorar, desde a curiosidade e a diversión, as posibilidades físicas e expresivas que nos regala o movemento.
Presentamos a ocasión ideal para vir cun familiar, amigo/a ou parella coa que che apeteza pasar un intre adicado ao corpo, á danza e á comunidade.
PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:
Hora: 20.30 h
Lugar: Contorna do Paseo da Rapadoira (cara ao Pradón de Ramos)
Se chove, na Sala Bahía
CÍA IXA / Galicia – País Vasco
“OLLOS CARA A DENTRO”
Duración: 15 min
Coreografía e interpretación: Elena Castellanos e Xián Martínez
SINOPSE: Tomando como punto de partida o universo do onírico, Ollos cara dentro pretende indagar na concepción surrealista do soño; ese lugar onde os límites da lóxica, a razón, a conciencia e mesmo as convencións do gusto rompen permitindo abrir unha porta entre o mundo interior e exterior de cada individuo.
COLECTIVO LA INCENDIARIA / Galicia - País Vasco
"SUN DOGS"
Duración: 15 min
Creación e interpretación: Rebeca Barroso e Sara Fondevila
SINOPSE: “Os personaxes e feitos retratados nesta peza de danza son completamente ficticios. Fóra de todas as partes que son totalmente certas.”
Cía Marc Fernández / Cataluña.
Circuíto Acieloabierto 2024
“IOR”.
Duración: 15 minutos
Coreografía e interpretación: Marc Fernández & Julio León
SINOPSE:
Non importa de onde veñen nin onde van, nin tan só saber se realmente chega a suceder.
(ÍOR) é simplemente unha paréntese. Un encontro efémero que se dilata nun espazo-tempo do noso imaxinario e nos arrastra nunha espiral de forzas contrarias que se axudan e se impiden mutuamente. Unha viaxe in crescendo entre dureza e fraxilidade, dous corpos en busca da simbiose perfecta que lles permita, xuntas, seguir avanzando.
DJ SET CON MOUNQUP + PISTA DE BAILE
Duración: 45 min - 1 h
DJ set: Mounqup
Concepto e creación da sesión: Mounqup e Marta Alonso Tejada
Colaboración: Yeinner Chicas
Mounqup é o proxecto en solitario de Camille Hedouin, cantante e produtora musical francesa que reside nas montañas de Galicia (España). O seu traballo é unha música electrónica catártica mesturada, tan local como internacional, tan tribal como suave, tan íntima como universal.
A Pista de Baile é unha aposta de mediación de públicos de Abanea. Tamén un encontro creativo entre Marta Alonso e Camille Hedouin para facer un convite libre á danza.
ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN I: OBRADOIROS PARA Á COMUNIDADE
OBRADOIRO: DANZA EN FAMILIA
Dirixe: Paula Quintas
Hora: 18:00 h
Lugar: Contorna da Praia de Broña
(Se chove na Casa da Cultura de Outes)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: Casa da Cultura de Outes. Tfno.: 981 8509 50
Destinatarias: rapazada acompañada dunha persoa adulta.
Esta sesión de danza en familia ten o desexo de que nais, pais, fillas, fillos, disfruten dunha sesión de danza xunt@s mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa!
A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación propicios para fortalecer o vínculo afectivo entre os membros da familia, nun contexto lúdico e creativo onde descubrirnos e compartirnos en comunidade a traves do xogo e traballo con obxetos.
OBRADOIRO: A DANZA COMO LUGAR DE RECREO
Con Alejandra Balboa
Hora: 18:00 h
Lugar: Contorna da Praia de Broña
(Se chove na Casa da Cultura de Outes)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: Casa da Cultura de Outes. Tfno.: 981 8509 50
Destinatarias: mozos/as desde os 16 anos e persoas adultas.
A danza como lugar de recreo propón explorar, desde a curiosidade e a diversión, as posibilidades físicas e expresivas que nos regala o movemento.
Presentamos a ocasión ideal para vir cun familiar, amigo/a ou parella coa que che apeteza pasar un intre adicado ao corpo, á danza e á comunidade.
PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:
Hora: 20.30 h
Lugar: Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira de Broña. Estaleiro de Ciprián
Se chove, no Pavillón Polideportivo do Cruceiro de Roo
CÍA IXA / Galicia – País Vasco
“OLLOS CARA A DENTRO”
Duración: 15 min
Coreografía e interpretación: Elena Castellanos e Xián Martínez
SINOPSE: Tomando como punto de partida o universo do onírico, Ollos cara dentro pretende indagar na concepción surrealista do soño; ese lugar onde os límites da lóxica, a razón, a conciencia e mesmo as convencións do gusto rompen permitindo abrir unha porta entre o mundo interior e exterior de cada individuo.
Melania Olcina / Madrid.
Circuíto Acieloabierto 2024
“LA DECLAMACIÓN MUDA”.
Duración: 18 min
Coreografía: Melania Olcina
Interpretación: Melania Olcina e Jorge Moreno (músico)
SINOPSE :
La declamación muda, é un proxecto de Melania Olcina, Premio Nacional de danza 2023, en colaboración co trombonista Jorge Moreno, que aposta pola música en vivo intervida polo espazo sonoro e que pretende incorporar ao músico e ao seu instrumento como unha parte fundamental no material coreográfico. A peza busca a relación entre as vibracións sonoras dun instrumento de vento e un corpo afectado polas súas dinámicas aéreas.
Paulina Espinosa y Mariana Oliveira / Portugal – Méjico.
Colaboración SóLODOS
"DRAUMA"
Duración: 12 minutos
Coreografía e interpretación: Paulina Espinosa e Mariana Oliveira
SINOPSE:
Somos un mundo de personaxes impactados por unha serie de traumas, traumas que nos marcaron desde a infancia. En Drauma (do Trauma ao Drama) exploramos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular, en forma dunha divertida e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos recordos vivenciais de dous personaxes con contextos culturais igualmente distintos que similares, situando ao espectador nunha paisaxe amable musicalmente, ás veces divertida, e que só unha vez terminada a peza o fará reflexionar sobre as súas propias experiencias co trauma.
DJ SET CON MOUNQUP + PISTA DE BAILE
Duración: 45 min - 1 h
DJ set: Mounqup
Concepto e creación da sesión: Mounqup e Marta Alonso Tejada
Colaboración: Yeinner Chicas
Mounqup é o proxecto en solitario de Camille Hedouin, cantante e produtora musical francesa que reside nas montañas de Galicia (España). O seu traballo é unha música electrónica catártica mesturada, tan local como internacional, tan tribal como suave, tan íntima como universal.
A Pista de Baile é unha aposta de mediación de públicos de Abanea. Tamén un encontro creativo entre Marta Alonso e Camille Hedouin para facer un convite libre á danza.
ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN I: OBRADOIROS PARA Á COMUNIDADE
OBRADOIRO: DANZA EN FAMILIA
Dirixe: Paula Quintas
Hora: 18:00 h
Lugar: Xardíns do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
(Se chove na Sala dos espellos. Casa da Cultura, Bertamiráns)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: cultura@concellodeames.gal / 662 37 74 44
Destinatarias: rapazada acompañada dunha persoa adulta.
Esta sesión de danza en familia ten o desexo de que nais, pais, fillas, fillos, disfruten dunha sesión de danza xunt@s mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa!
A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación propicios para fortalecer o vínculo afectivo entre os membros da familia, nun contexto lúdico e creativo onde descubrirnos e compartirnos en comunidade a traves do xogo e traballo con obxetos.
OBRADOIRO: A DANZA COMO LUGAR DE RECREO
Con Alejandra Balboa
Hora: 18:00 h
Lugar:Salón grande do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: cultura@concellodeames.gal / 662 37 74 44
Destinatarias: mozos/as desde os 16 anos e persoas adultas.
A danza como lugar de recreo propón explorar, desde a curiosidade e a diversión, as posibilidades físicas e expresivas que nos regala o movemento.
Presentamos a ocasión ideal para vir cun familiar, amigo/a ou parella coa que che apeteza pasar un intre adicado ao corpo, á danza e á comunidade.
PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:
Hora: 20.30 h
Lugar: Pazo da Peregrina, Bertamiráns
(Se chove, na Casa da Cultura de Bertamiráns)
Suevia Rojo / Galicia – Portugal .
ESTREA, Apoio Bienal
"PENSAR A CONTRATEMPO"
Duración: 15 min
Creación e interpretación: Suevia Rojo
SINOPSE:
Se ollas para atrás no tempo, eres ti a mesma? O que muda e o que fica? O que queres que fique e o que tes medo de deixar ir?
Paulina Espinosa y Mariana Oliveira / Portugal – Méjico.
Colaboración SóLODOS
"DRAUMA"
Duración: 12 minutos
Coreografía e interpretación: Paulina Espinosa e Mariana Oliveira
SINOPSE:
Somos un mundo de personaxes impactados por unha serie de traumas, traumas que nos marcaron desde a infancia. En Drauma (do Trauma ao Drama) exploramos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular, en forma dun divertida e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos recordos vivenciais de dous personaxes con contextos culturais igualmente distintos que similares, situando ao espectador nunha paisaxe amable musicalmente, ás veces divertida, e que só unha vez terminada a peza o fará reflexionar sobre as súas propias experiencias co trauma.
Ángel Durán Performing Arts / Cataluña.
Circuíto Acieloabierto 2024
"CLINCH"
Duración: 22 min
Coreografía: Ángel Durán
Interpretación: Ángel Durán e Yeinner Chicas
SINOPSE:
"Os homes tócanse a golpes" Un dúo enérxico sobre a construción masculina. Unha deconstrución do comportamento viril contemporáneo, aclamado por uns e cuestionado por moitos. CLINCH en boxeo fai referencia ao momento en que os dous loitadores se abrazan e bloquéan ata que o árbitro os sepára. Trátase de achegarse ao rival ao máximo para protexerse do ataque do mesmo. CLINCH expón a masculinidade máis tóxica, instaurada na competición, a negación e a confrontación a todo o diferente. Tamén a negación dos sentimentos, exceptuando a rabia ou a ira, que debe demostrarse a través do exercicio da violencia.
DJ SET CON MOUNQUP + PISTA DE BAILE
Duración: 45 min - 1 h
DJ set: Mounqup
Concepto e creación da sesión: Mounqup e Marta Alonso Tejada
Mounqup é o proxecto en solitario de Camille Hedouin, cantante e produtora musical francesa que reside nas montañas de Galicia (España). O seu traballo é unha música electrónica catártica mesturada, tan local como internacional, tan tribal como suave, tan íntima como universal.
A Pista de Baile é unha aposta de mediación de públicos de Abanea. Tamén un encontro creativo entre Marta Alonso e Camille Hedouin para facer un convite libre á danza.
ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN I: OBRADOIROS PARA Á COMUNIDADE
OBRADOIRO: DANZA EN FAMILIA
Dirixe: Paula Quintas
Hora: 18:00 h
Lugar: Contorna da Praia de Portocelo
(Se chove no Museo Manuel Torres)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: alcaldía@concellodemarin.es
Destinatarias: rapazada acompañada dunha persoa adulta.
Esta sesión de danza en familia ten o desexo de que nais, pais, fillas, fillos, disfruten dunha sesión de danza xunt@s mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa!
A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación propicios para fortalecer o vínculo afectivo entre os membros da familia, nun contexto lúdico e creativo onde descubrirnos e compartirnos en comunidade a traves do xogo e traballo con obxetos.
OBRADOIRO: A DANZA COMO LUGAR DE RECREO
Con Alejandra Balboa
Hora: 18:00 h
Lugar: Contorna da Praia de Portocelo
(Se chove no Museo Manuel Torres)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: alcaldía@concellodemarin.es
Destinatarias: mozos/as desde os 16 anos e persoas adultas.
A danza como lugar de recreo propón explorar, desde a curiosidade e a diversión, as posibilidades físicas e expresivas que nos regala o movemento.
Presentamos a ocasión ideal para vir cun familiar, amigo/a ou parella coa que che apeteza pasar un intre adicado ao corpo, á danza e á comunidade.
PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS:
Hora: 20.30 h
Lugar: Praia de Portocelo
Se chove, na Multiusos da Praza de Abastos
Paulina Espinosa y Mariana Oliveira / Portugal – Méjico.
Colaboración SóLODOS
"DRAUMA"
Duración: 12 minutos
Coreografía e interpretación: Paulina Espinosa e Mariana Oliveira
SINOPSE:
Somos un mundo de personaxes impactados por unha serie de traumas, traumas que nos marcaron desde a infancia. En Drauma (do Trauma ao Drama) exploramos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular, en forma dun divertida e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos recordos vivenciais de dous personaxes con contextos culturais igualmente distintos que similares, situando ao espectador nunha paisaxe amable musicalmente, ás veces divertida, e que só unha vez terminada a peza os fará reflexionar sobre as súas propias experiencias co trauma.
Suevia Rojo / Galicia – Portugal .
ESTREA, Apoio Bienal
"PENSAR A CONTRATEMPO"
Duración: 15 min
Creación e interpretación: Suevia Rojo
SINOPSE:
Se ollas para atrás no tempo, eres ti a mesma? O que muda e o que fica? O que queres que fique e o que tes medo de deixar ir?
La Macana / Galicia
"VEN"
Duración: 15 min
Creación e interpretación: Alexis Fernández e Caterina Varela
SINOPSE:
VEN é a primeira coreografía da parella formada por Caterina Varela e Alexis Fernández coa que iniciaron a traxectoria internacional da súa compañía La Macana en 2008 e que continúa de xira dende entón, visitando case 30 países nos últimos 15 anos. Bailado por ambos, este dúo fala do amor en maiúsculas, do equilibrio e das tensións entre dous corpos ao longo de 15 minutos intensos cheos de forza e intimidade.
DJ SET CON MOUNQUP + PISTA DE BAILE
Duración: 45 min - 1 h
DJ set: Mounqup
Concepto e creación da sesión: Mounqup e Marta Alonso Tejada
Mounqup é o proxecto en solitario de Camille Hedouin, cantante e productora musical francesa afincada nas montañas de Galicia (España). O seu traballo é unha música electrónica catártica mesturada, tan local como internacinal, tan tribal como suave, tan íntima como universal.
A Pista de Baile é unha aposta de mediación de públicos de Abanea. Tamén un encontro creativo entre Marta Alonso e Camille Hedouin para facer un convite libre á danza.
ACTIVIDADES DE MEDIACIÓN I: OBRADOIROS PARA Á COMUNIDADE
OBRADOIRO: DANZA EN FAMILIA
Dirixe: Paula Quintas
Hora: 18:00 h
Lugar: Xardíns do Museo do Coiro
(Se chove na Sala de Exposicións A Fábrica)
Duración: 60 minutos
Inscrición previa: alcaldía@concellodemarin.es
Destinatarias: rapazada acompañada dunha persoa adulta.
Esta sesión de danza en familia ten o desexo de que nais, pais, fillas, fillos, disfruten dunha sesión de danza xunt@s mediante xogos e exercicios que despois poden repetir na casa!
A danza en familia é unha actividade de expresión, comunicación e imaxinación propicios para fortalecer o vínculo afectivo entre os membros da familia, nun contexto lúdico e creativo onde descubrirnos e compartirnos en comunidade a traves do xogo e traballo con obxetos.
Suevia Rojo / Galicia – Portugal .
ESTREA, Apoio Bienal
"PENSAR A CONTRATEMPO"
Duración: 15 min
Creación e interpretación: Suevia Rojo
SINOPSE:
Se ollas para atrás no tempo, eres ti a mesma? O que muda e o que fica? O que queres que fique e o que tes medo de deixar ir?
Colectivo Premohs / Andalucía.
Circuíto Acieloabierto 2024
"EN CUCLILLAS"
Duración: 12:30 min
Coreografía: Colectivo Premohs
Bailarines: Paloma Ramos Narváez, Isaac Suárez Jimenez, Antonio León Moreno y Marta Reguera Varela
SINOPSE:
Hai algo oculto na nosa memoria, onde tamén existe algo roto. O oculto cambia de forma, do flamenco ao urbano, do propio ao común. O que rompe ten menos peso, e o “trampantojo” de Al Andalus permite dicirche unha cousa, aínda que en verdade quere dicirche outra. Temos aje, gústanos a broma, ser a mestizaxe de todo o noso camiño, ser corazón e que non falte o ritmo. “tú te acuerdâ de lo que te e dixo? Ea, pô eço, no te bayâ a orbidá.”
PISTA DE BAILE con BIG SOUTH, SWING AND DANCE CULTURE
Duración: 40 min
DJ set: Abanea
Colaboran: Big South, Swing dance Culture www.bigsouth.es
Big South é unha escola de swing con moita alma e conciencia. Exprésana a través da música swing e os seus bailes, pero ante todo, nos seus movementos vitais.A súa ferramenta para revolucionar sanamente, é a xusta integración da arte na vida do movemento social.
A Pista de Baile é unha aposta de mediación de públicos de Abanea.
MOSTRA DO PECHE DA RESIDENCIA ARTÍSTICA
"EN REDE DE A"
LUGAR: Centro Cultural Mahía, Bugallido, Ames, 20:30 h
PROGRAMA
- SUN DOGS. (Ensaio aberto). Colectivo La Incendiaria / Galicia - País Vasco. Duración: 15 min
- LA MONA SE VISTE DE SEDA. (Fragmento). María de Vicente / Galicia. Duración: 5 min.
- COLOQUIO POSFUNCIÓN. Duración: 15 min
* Haberá música e barra ao finalizar.
MARÍA DE VICENTE (Vigo, 1993)
Abanea ofrece o apoio bienal a unha artista emerxente galega consistente en:
1) Inmersión no contexto do festival durante o primeiro ano.
2) Apoio á creación e estrea dunha peza de danza para espazo non convencional
3) Participación en contextos de acompañamiento á peza e á artista dentro da rede de A de apoio do festival.
María de Vicente é bailarina e creadora, afincada en Barcelona desde o 2013, onde realiza estudos superiores de danza. Actualmente forma parte do elenco de Dique, a nova produción da compañía Nova Galega de Danza, dirixida por Marta Pazos e coproducida polo Centro Coreográfico Galego.
"REDE DE A"
Dentro das liñas de acción do festival, Abanea xera a “rede de A” que tece contextos de encontro, investigación e acompañamento ás artistas seleccionadas no apoio bienal.
Residencias Artísticas 2024:
- Suevia Rojo. Do 8 ao 19 de xullo. Casa da Cultura de Bertamiráns, Ames.
- Encontro “en rede de A”. María de Vicente, La Incendiaria e Suevia Rojo. Días 15 e 16 de xullo. Centro Cultural Mahía, Bugallido, Ames
Adestramento profesional en danza contemporánea de IS.MO cultura
FLYING LOW CON
“MIÑO”, MILAN HERICH (Bruselas)
Días: 16,17 e 18 de Xullo
Horario: 10 a 12 h
Prezo: 40 €
Lugar: Centro Cultural Mahía, Bugallido, Ames, A Coruña
Inscrición: ismo.cultura@gmail.com
Prazas limitadas
Encontro / Profesionais da danza
O día 19 de Xullo no Pazo da Peregrina, Ames
Facilítase un espazo para o encontro entre profesionais do sector.
12 a 13:30 h. Master Class con Miño: Milan Herich
14 a 16 h. Cóctel Artes do Movemento
A canle abanea é unha ferramenta de interacción, dinamización e documentación do festival que conectará o público presencial e virtual dun xeito diferente e divertido en relación cos contidos da programación.
Baixo a dirección de Carlota Mosquera, a canle é unha nova proposta de mediación para esta edición do Abanea.