ABANEA é un festival impulsado desde a xestión da asociación IS·MO Cultura,
co apoio dos seus patrocinadores, colaboradores e equipo implicado.
ABANEA é un festival de nova xeración que nace en 2022
avalado pola traxectoria individual das integrantes do seu equipo.
Proposto por Marta Alonso e Paula Quintas, é impulsado na súa orixe e concepto por Manu Lago.
.
ABANEA é un festival de danza e movemento itinerante.
Non se deseña para unha localidade concreta,
é un festival que oferta danza en pequenas e medianas vilas, un lugar de encontro do movemento coa poboación.
ABANEA é un festival pertencente á rede nacional Acieloabierto
Segundo o Informe Lo mejor de la Cultura 2022 de Fundación Contemporánea Observatorio de la Cultura
ABANEA é unha das novidades culturais máis destacadas.
No 2023 recibe a mención de referencia provincial dos Premios de xestión cultural Rodolfo Prada
da Deputación de Ourense e a AGPXC Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.